Obradoiros de Teatro
En Xoré Teatro poñemos en marcha espazos de creación escénica para grupos de todas as idades, adaptados ás súas necesidades e intereses. A través dun proceso creativo colectivo, acompañamos ao grupo na creación da súa propia obra ou performance, poñendo en valor as súas experiencias, voces e realidades.
Traballamos desde unha metodoloxía participativa e inclusiva, co obxectivo de fomentar a expresión, a confianza, o pensamento crítico e o traballo en equipo. Cada proxecto é único: construímos xuntas historias que importan e que transforman.
Estas son as entidades coas que traballamos con proxectos escénicos ao longo destes anos. Con cada grupo puxemos en marcha un proceso creativo adaptado ás súas realidades, intereses e inquedanzas, convertendo o teatro nun espazo de encontro e expresión colectiva.
Centro de Información ás Mulleres do Concello de Outes (A Coruña)
Secretaría Xeral da Igualdade (Xunta de Galicia)
