Proxecto Eles Tamén

Os Obradoiros para persoas maiores que exercen labores de coidadores/as foi unha actividade do Proxecto Eles Tamén, proxecto enmárcado no programa europeo de cooperación transfronteiriza, financiado polo Fondo Social Europeo coa participación da Xunta de Galicia, a Comissão para a Cidadanía e a Igualdade de Xénero de Portugal e a Xunta de Castela e León. Estes obradoiros estiveron concebidos para propiciar que as persoas maiores foran transmisoras dos valores da igualdade, a través do seu labor de coidado e educación dos seus netos e netas

A iniciativa consistiu na celebración de catro obradoiros de teatro nas catro provincias, concretamente nos concellos de Padrón (A Coruña), Vila de Cruces (Pontevedra), Quiroga (Lugo) e Verin (Ourense). Durante o seu desenvolvementoreflexionuse sobre contidos como a socialización diferencial por xénero, as desigualdades no reparto de tarefas domésticas ou a segregación do mercado laboral por sexos.

O obxectivo foi utilizar o teatro como medio de intervención, transformación da realidade e conciencia social para a ruptura dos estereotipos de xénero a partires da reflexión individual das persoas maiores que exercen labores de coidado e atención de menores.

Sinopse:
A familia Panta Lons é moi tradicional e todo se fai baixo a supervisión dos homes, as mulleres da casa so se encargan de facer as labores do fogar, e a súa opinión apenas se ten en conta.
Pepa, a filla máis nova de Francisco e Raquel, é a única que non asume o mandato dos homes. Ten moito carácter e non permite que ninguén a asoballe. Como consecuencia da crise, tivo que regresar unha tempada a casa materna, xunto co seu home Nicolás.
Pouco a pouco vese inmersa en pequenas discusións cotiás con cada un dos membros da familia co obxecto de facerlles comprender a importancia de colaborar no fogar para que as cousas sexan máis xustas e igualitarias.
A loita de Pepa vese reforzada cando un día Paquito chega da escola cheo de inquietudes polas explicacións da mestra sobre un tema novo: a corresponsabilidade.

Contidos a desvolver durante os obradoiros:  corrreponsabilidade, educación non sexista, estereotipos de xénero, uso do tempo e espazos e a distribución sexual dos traballos.


 

16 15   14