O lapis que non quería ir á escola

Sinopse

O lapis que non quería ir á escola é un contacontos que nos convida a reflexionar sobre a importancia dos valores cívicos e sociais no día a día dunha sociedade máis xusta, empatía e igualitaria. A través dunha historia entrañable e metafórica, protagonizada por útiles escolares —un bolígrafo, unha goma, un lapis, unha calculadora, un marcador e un afialapis—, exploraremos como cada un deles representa diferentes formas de ser e de actuar no mundo, poñendo en valor a igualdade, a diversidade e a colaboración.

Este contacontos está pensado para sorprenderse e espertar a curiosidade polas fábulas e contos con mensaxe. Ao rematar, animarase ao público infantil a seguir descubrindo máis historias, fomentando así o hábito lector e o vínculo co entorno dos libros.

Duración

45 minutos

Público destinatario

Para público infantil (3 - 6 anos) e público familiar.

Características técnicas necesarias

  • O espectáculo é adaptable a calquera tipo de espazo.
  • Potencia eléctrica para iluminación: 2.000W
  • Potencia eléctrica para son: 500W
  • A compañía achega todo o equipamento técnico necesario, incluíndo iluminación e son.

"O lapis que non quería ir á escola" é un contacontos divertido e tenro sobre como superar os medos e descubrir que aprender pode ser marabilloso cando se fai con imaxinación e amizade."