Centro de Información ás Mulleres do Concello de Outes

Actividades en camiñadas a prevención da violencia de xénero.


outes_2011 Xulía e OsPérez
Sinopse: A familia dos Pérez, foi sempre moi tradicional e moi machista. Os dous fillos de Luís Pérez, Pepe e Luisiño, nunca fixeron nada no fogar e sempre foron moi arrogantes, déspota e egoístas. Sempre tiveron todo o que quixeron.
O día que morreu a muller de Sr. Luís Pérez, os tres homes da casa víronse nunha situación moi difícil, xa que andaban como tolos buscando a quen cargarlle as labores do fogar. O día que se casou o Pepe, remataron todos o problemas.
Xulia foi a desafortunada en casar con Pepe, dende ese día a súa vida mudou por completo.
As cousa comezaron a cambiar, cando chegou a casa dos Pérez a irmán de Xulia, Isabel, e a súa filla Mariluz, que foron quen lle fixeron ver a situación que ela estaba a padecer.
Despois de moito loitar, Isabel e Mariluz, por fin fixeron entrar en razón a Xulia, que decidiu marcharse para sempre.

Contidos a desenvolver durante o obradoiro: violencia de xénero, estereotipos de xénero, o reparto das tarefas no fogar.

 


CartelTeatrooutes_2013Tormentos nunha noite, recordos dunha vida
Sinopse: A historia trata da vida de Xoana de Veiga, que aconsellada polo seu doutor, e polo ben da súa saúde, pon fin a súa relación tormentosa e decide regresar o seu fogar materno na procura de tranquilidade e apoio da súa familia e das amizades
Durante o transcurso da obra, van aparecendo certas situacións que fan que os malos recordos sufridos con anterioridade volvan a atormentala novamente, chegando a poñer o límite a súa saúde. “Toda unha vida de penuria reflectida nunha noite de tormentos”

Contidos a desenvolver durante o obradoiro: a violencia de xénero, as consecuencias psicolóxicas dos malos tratos e os efectos asociados a esta problemática.