Carmen, a cantareira da aldea

Sinopse

Carmen, a cantareira de aldea é un contacontos que nos leva da man a través dunha fermosa aventura protagonizada por Carmen, unha nena dunha aldea galega que soña con percorrer o mundo acompañada da súa pandeireta máxica. A través da música tradicional galega, Carmen descubrirá novos lugares, fará amizades inesquecibles e vivirá momentos cheos de maxia e aprendizaxe.

Esta historia é tamén unha viaxe emocional que pon en valor o respecto polas propias raíces e o amor pola cultura popular galega. Carmen aprenderá que os soños poden levarnos moi lonxe, pero que é a conexión co que somos e de onde vimos o que realmente nos dá forza para crecer.

Duración

45 minutos

Público destinatario

Para público infantil (3 - 6 anos) e público familiar.

Características técnicas necesarias

  • O espectáculo é adaptable a calquera tipo de espazo.
  • Potencia eléctrica para iluminación: 2.000W
  • Potencia eléctrica para son: 500W
  • A compañía achega todo o equipamento técnico necesario, incluíndo iluminación e son.

"Carmen, a cantareira da aldea" é unha aventura máxica e interactiva onde a música tradicional galega guía ás crianzas nunha viaxe de soños, raíces e identidade cultural"