Caixa, caixiña, caixón

Sinopse

Caixa, caixiña, caixón é un contacontos que nos convida a viaxar a través das vidas de catro mulleres pioneiras que deixaron pegada na historia: unha futbolista, unha camioneira, unha alcaldesa e unha aviadora. Mulleres valentes que romperon moldes e abriron camiños nun mundo onde o seu papel estaba, moitas veces, invisibilizado.

Cada unha das protagonistas estará representada a través dunha caixa ilustrada, que servirá como fío condutor da narración e como recurso escénico para engadir ritmo, sonoridade e maxia á historia. Estas caixas non só gardan obxectos simbólicos, senón tamén emocións, soños e desafíos superados, converténdose en pequenas cápsulas de memoria e inspiración.

Duración

45 minutos

Público destinatario

Para público infantil (3 - 6 anos) e público familiar.

Características técnicas necesarias

  • O espectáculo é adaptable a calquera tipo de espazo.
  • Potencia eléctrica para iluminación: 2.000W
  • Potencia eléctrica para son: 500W
  • A compañía achega todo o equipamento técnico necesario, incluíndo iluminación e son.

"Caixa, caixiña, caixón" é un emocionante contacontos que, a través de caixas cheas e memoria, reivindica as vidas de mulleres valentes que abriron camiño e inspiran a loita pola igualdade"