Asociación Candea de Viana do Bolo

 Xulía e Os Pérezcartel_definitivo_2015_xulia_perez
Sinopse: A familia dos Pérez, foi sempre moi tradicional e moi machista. Os dous fillos de Luís Pérez, Pepe e Luisiño, nunca fixeron nada no fogar e sempre foron moi arrogantes, déspota e egoístas. Sempre tiveron todo o que quixeron.
O día que morreu a muller de Sr. Luís Pérez, os tres homes da casa víronse nunha situación moi difícil, xa que andaban como tolos buscando a quen cargarlle as labores do fogar. O día que se casou o Pepe, remataron todos o problemas.
Xulia foi a desafortunada en casar con Pepe, dende ese día a súa vida mudou por completo.
As cousa comezaron a cambiar, cando chegou a casa dos Pérez a irmán de Xulia, Isabel, que foi quen lle fixo ver a situación que ela estaba a padecer.
Despois de moito loitar, Isabel , por fin fixo entrar en razón a Xulia, que decidiu marcharse para sempre.

Contidos a desenvolver durante o obradoiro: violencia de xénero, estereotipos de xénero, o reparto das tarefas no fogar.


 Ás tres con Puricartel_viana_2015_puri
Sinopse: Trátase da historia de catro amigas, Puri, Sole, Lucía e Manola, que todos os días ás tres xúntanse na casa de Puri co pretexto de xogar a baralla. O final nunca xogan, pero o máis importante e que falan de si mesmas e da súa amizade e cóntanse os seus problemas (inquedanzas, frustacións e remordementos) e deste xeito conseguen superalos.

Contidos a desenvolver durante o obradoiro: o valor da amizade, o empoderamento femenino, a empatia e a asertividade.