O Segredo de Uxía

Sinopse

O Segredo de Uxía ten como obxectivo concienciar e sacar á luz os malos tratos e abusos que sofren moitas nenas e nenos na infancia por parte dos seus proxenitores, para deste xeito aprender dos erros e evitar que volvan ocorrer.

A obra narra a historia de Uxía, unha nena de 12 anos, á que a vida non lle ofreceu un sendeiro doado de percorrer. Digamos que non foi responsable dos seus actos, pero si participe, aínda non o querendo ser, xa que o seu pai decidiu ofrecerlle un camiño convulso cheo de abusos, penuria, vergoña e mentiras.

Os momentos que tivo que pasar durante a súa infancia foron demasiado duros e intensos para unha nena da súa idade. Chegou incluso, algunha que outra vez, a tomar a terrible decisión de poñer fin á súa vida... a esa vida que ás veces non é tan marabillosa, quizais porque outras persoas deciden por nós que non o sexa.

Sufriu todo aquilo que ninguén espera que lle ocorra, pero desgraciadamente ocorre, e máis do que pensamos, e moitas veces provocado por quen menos o esperamos.

"Os segredos que fan dano hai que contalos"

Cartel

cartel_uxia