A Compañía

A compañía Xoré Teatro créase en novembro de 2013, como culminación do traballo desenvolvido dende o ano 2008 na consultora Andamiaxe Innova, S.L. (empresa que representa a compañía) en temas relacionados coa intervención educativa e social con diferentes colectivos. Durante este tempo leváronse a cabo actividades formativas teatrais orientadas a potenciar os procesos de ensinanza/aprendizaxe. A experiencia neste ámbito e a capacitación profesional, leváronnos a apostar polo teatro para elaborar e difundir mensaxes educativas como mecanismo para a transformación persoal e social.
O noso obxectivo é facer un teatro accesible para todas as persoas, apostamos por un enfoque pedagóxico e de crítica social.
Creamos, producimos e distribuímos as nosas obras co obxecto de garantir a súa esencia educativa até a representación final.