Ás tres con Puri

Sinopse

O tema principal da obra é a amizade, un dos valores máis importantes a desenvolver e potenciar nas persoas, que nace mediante as propias relacións interpersoais e fortalécese coa vivencia e as emocións que experimentamos o compartir os nosos puntos de vista, inquietudes... A amizade foméntase e enriquécese a través do contacto diario.

Ás tres con Puri trata de resaltar o valor da amizade, un valor que cada día esta máis esquecido, poñendo de manifesto a importancia do apoio mutuo, a comprensión e o respeto entre tres compañeiras que todos os días xúntanse ás tres da tarde na casa de Puri co pretexto de xogar a baralla e así poder escoitarse, demostrarse afecto, animarse, preocuparse, compartir experiencias, empoderarse… e como non, empregar a ironía para botar unhas risas e esquecerse dos problemas.

Inventario fotográfico

“Nin eu esperaba contala!. As veces a vida lévate por onde menos te esperas. Non me culpo do acontecido, do que me culpo é de non ter as forzas necesarias para dicirllo...".
Puri (Personaxe principal da obra)

Cartel

Cartel_Puri_web